Unha experiencia íntima coa paisaxe de Galicia. Nunha viaxe moi persoal por 23 espazos.
Esta obra recolle unha viaxe moi persoal por Galicia. Ao longo de 23 etapas, o autor transmítenos a súa experiencia íntima, directa e fonda coa paisaxe que o rodea: as fragas do Eume, Fisterra, Montefurado, Pambre, Cortegada, San Simón, a Raia ourensá ou o Pico Sacro son algunhas das estadías.
Os bosques vizosos, os pobos dos emigrados, os cumios na brétema, os regueiros máxicos...
Todos eles son interiorizados na prosa poética de Xosé Manuel Lobato. Espazos místicos, ás veces caóticos, no lindeiro entre o real e a ficción. [Presentación editorial]