“Ás veces penso nas vidas que terei vivido xa, en como tento eternamente volver a ese ano cero, a 1980, co propósito de emendar os meus erros. Si, sempre, eternamente, condenado a unha infelicidade perpetua, a unha irrealización permanente.” 1980 (ano cero) é un retrato psicolóxico, onde espazo e tempo desaparecen na procura dunha ubicuidade absoluta, que fai que o Ego asuma a dualidade do xénero. [Presentación editorial]