Neste volume ensaístico María Xosé Queizán pretende concertar as ciencias coas humanidades baseándose na convicción de que a literatura, como a ciencia, empeza no mundo real e ambas as dúas proxectan a presenza humana a todo o universo. Catro ensaios onde se defende a concepción da literatura como un traballo racional, unha actividade pensante relacionada coa realidade e coa verdade. Textos nos que se analiza o tránsito das ciencias ás artes para recuperar os principios da Ilustración (a verdadeira revolución das palabras) presentes no feminismo racionalista. Recuperar a escrita como unha forma de resistencia cultural, buscar o compromiso literario asumindo a condición humana, desmitificar a escrita comedida e conformista, propóñense como estratexia para reintroducir o discurso racional no ámbito literario e político. [presentación editorial]