Puntuación: 1.9/5 (37 votos)
O libro "Un avó especial" esta baseado na obra teatral do mesmo nome que a compañía Migallas Teatro creou no ano 2005 co asesoramento da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra (AFAPO), pertencente a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias (FAGAL), co obxectivo de axudarlles aos nenos e nenas a comprender mellor esa doenza.
Tras ser representada en numerosos teatros, auditorios e centros culturais e educativos de toda
Galicia, Migallas Teatro -animada por AFAPO- decidiu converter esta poza dramática nun álbum ilustrado dirixido aos nonos e nenas 'para que lembren sempre a historia do avó Manuel e da súa neta Rosiña".
O texto de Carlos Yus e as ilustracións de María Campos contan a relación entre un avó e a súa neta dende que esta nace ata que ten doce anos. O avó arrólaa, cóidaa, ensínalle ditos, cancións, xogos... Co paso do tempo sucédense as risas e os enfados entre os dous pero, un día, o avó comeza a ter moitos despistes e o seu carácter cambia, Rosiña, coa axuda dos pais, ten que asumir esta nova situación .
Malia a seriedade do tema, "Un avó especial" ten un enfoque humorístico que persegue fomentar
actitudes optimistas para afrontar os problemas que implica o Alzheimer, incidindo na importancia
que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices. A parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nonos/as e os/as vellos/as en xeral, así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte a uniformidade cultural. Os ditos, os xogos e as cantigas populares son un elemento fundamental nesta transmisión.
[Presentación editorial]