...Coma tantas outras parellas que se queren,
teñen fillos: Croquila, unha cría de crocodilo,
e Rafolo, un bebé xirafa.
Xuntos, forman unha familia coma calquera outra.
Iso si, un pouco especial...
"Unha familia normal" é a continuación da serie protagonizada por Xirafa e Crocodilo, que consta dos álbums titulados "Crocodilo namorado", "Unha casa a medida" e "Unha parella diferente". Nesta nova entrega Daniela Kulot introduce dous personaxes máis: Croquila e Rafolo, unha pequena xirafa verde e un pequeno crocodilo con manchas marróns. A familia creceu e todos xuntos demostran que non só poden desenvolver unha convivencia perfectamente normal, senón que ademais forman un bo equipo, capaz de saír airoso de calquera peripecia.
Estoutra aventura transcorre na piscina, onde unha inesperada avaría provoca un gran rebumbio do que logran saír grazas ao enxeño e á audacia das crías de xirafa e crocodilo. Unhas ilustracións dinámicas e de vivas cores contribúen a crear un libro divertido e atractivo para os lectores infantís, mentres asimilan conceptos como tolerancia, respecto polas diferenzas e estruturas familiares diferentes ás convencionais. [Presentación editorial]