Estes poemas foron creados por dous autores angolanos pero brancos. Tal como o expresa Jorge Arrimar nun dos seus poemas a cor da súa pel, a mesma co a das velas dos navíos que viñan para escravizar os habitantes daquelas beiras, supón un elemento permanente de sospeita e desconfianza da súa africanidade. Porén desde a distancia (un dende o Canadá e outro dende Portugal) estes dous angolanos brancos seguen rememorando as imaxes do seu país que ocupan aínda un espazo insubstituíble nos seus corazóns. [Presentación editorial]