Este libro estuda as implicacións políticas das figuras espectrais na poesía galega, procurando na representación das pantasmas síntomas dunha perda colectiva que aínda non foi reparada e analizando o modo no que a propia cultura galega funcionou historicamente dun xeito espectral. Como pano de fondo, a tensión entre a condicionalidade precaria dos espectros e as demandas dunha identidade colectiva pretendidamente estable. [Contracapa do libro]