No ano 2009 o Museo do Pobo Galego non foi quen de atopar os apoios necesarios para realizar a proxectada mostra conmemorativa do centenario da magna Exposición Regional Gallega de 1909. Gracias á xenerosa resposta do Consorcio de Santiago, edítase agora este volume que "rescata da escuridade dos tempos idos aquel esforzo de moitos galegos por levar o seu país a cotas máis altas de progreso e benestar". Nel participan os autores Justo Beramendi, Alfredo Vigo, Ángel Fernández e Jesús Giráldez, Margarita Barral, Francisco Fariña, Mercedes Rozas, Belén Sáenz-Chas, María Virtudes Pardo, Xosé Ramón Fandiño, Carlos Iglesias e Fuco Sanjiao, José Manuel González, Rosa Méndez e Isabel Romaní. [Presentación editorial]