O encontro entre Abel Znorko, un premio Nobel de literatura misántropo que vive nunha illa do mar de Noruega, e Erik Larsen, un xornalista de provincias que o vai entrevistar, convértese nun duelo verbal inzado de sospeitas, insinuacións e crueldade. Variacións enigmáticasé un exercicio dialéctico cargado de ironía que explora os sentimentos e comportamentos humanos, un diálogo intenso que nos vai revelando en pequenas doses a verdadeira historia dos personaxes e a súa auténtica forma de pensar e de sentir. [Contracapa do libro]