Ademais de ser unha mostra complexa e poética dos gustos estéticos do seu autor, Eloxio da sombra constitúe un fascinante ensaio sobre a estética tradicional do Xapón, e unha defensa dos seu costumes e valores. Tanizaki dáno-la chave mestra para entende-la idiosincrasia xaponesa e ensínanos a aprecia-las sombras, a levidade dos materiais propios dos orientais, da arquitectura, da cor da pel, dos traxes e dos alimentos. [Contracapa do libro]