Maruja Mallo. A pintura da nova muller pretende un achegamento á obra pictórica de Ana María Gómez González (Maruja Mallo, Viveiro, 1902; Madrid, 1995). Unha personalidade de intensa vida —vivida e mitificada— que alimentou unha construción icónica desenvolvida ao longo da súa existencia, a xeito de autorrealización. O libro oriéntase na dirección de evitar o anecdótico para salientar os aspectos estritamente artísticos situados, no entanto, no contexto xeral cultural e histórico, sen esquecer, evidentemente, o biográfico. [Presentación editorial]