"Onde van os bebés?" é unha tenra e entrañable reflexión sobre os primeiros anos da nenez dende o punto de vista daqueles xoguetes que nos acompañaron na etapa inicial da vida e do crecemento, compañeiros de xogos.., e de soños. Arredados na mocidade e esquecidos na idade adulta, Elzbieta personifica eses osos de peluche, fieles e pacentes amigos, e trasládanos as súas preocupacións e sentimentos: como outros bonecos de trapo, Berto e Poti pregúntanse por que os bebés deixan de estar con eles. E como os contos están cheos de maxia, os lectores asisten a un insólito diálogo, un reencontro que tinxe de nostalxia este libro que reborda inocencia e dozura.
As ilustracións acentúan a tenrura desta historia, con debuxos a base de lapis de cor e acuarela, de tons suaves, sobre un papel de textura vexetal, moi apropiado para crear unha atmosfera cálida e acolledora. [Presentación editorial]