Águeda é unha rapaza ben particular. E está a piques de comezar unha aventura inesperada cando se ve obrigada a deixar a comodidade da vida na cidade para marchar cara un mundo máis "rural" que, en principio, semella que non lle apetece moito coñecer…
O debut literario de Paula Señarís, un libro curioso e moi divertido, que non renuncia a explicarnos a maxia que anda solta por aí onde menos se lle espera. Águeda era unha tranquila cativa de cidade coa vida máis que ordenada. Todo está no seu sitio e todo está controlado… ata que por esas cousas das leas dos maiores, que non hai quen os entenda, vai verse obrigada a marchar para o campo. Menos mal que o seu fiel can, Pitelo, vai canda el. O choque da nena urbanita co agro vai ser brutal… pero as aventuras van ser do máis emocionantes. [Presentación editorial]