Unha tumba para Boris Davídovich son sete episodios dunha historia común: a ruptura dos soños, das esperanzas e da vida nun mundo oprimido pola tolemia do totalitarismo. Os seus protagonistas son vítimas do seu idealismo e das forzas superiores que gobernan o novo mundo por eles creado e que se estende pola escura xeografía europea do gulag, da Guerra Civil española, de rexións por sempre esquecidas entre pobos que xa non existen. Revolucionarios, soñadores, poetas, presidiarios con vidas entrecruzadas nun fatídico punto de encontro común. [Presentación editorial]