Velaquí unha das obras que fundan a narrativa galega contemporánea.
O que o lector, ou a lectora, ten nas mans é o libros máis lido e máis traducido da literatura galega. Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas recolle o suposto caderno no que Balbino, un rapaz de aldea que vive na década de 1940, escribe: "Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo [...]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros".
Con esta nova edición Editorial Galaxia inaugura a Biblioteca Neira Vilas.
1ª edición, 1961
31ª edición en galego, 1ª na Biblioteca Neira Vilas, 2010. [Presentación editorial]