Puntuación: 2.0/5 (54 votos)
Estes dous volumes de Contos prodixiosos completan a colección Cabalo buligán, nacida hai cinco anos para recuperar e actualizar o conto popular de tradición oral galego. Preparados como as anteriores entregas polos escritores lucenses Xosé Miranda e Antonio Reigosa, a partir de versións orais existentes na actualidade, estes contos prodixiosos dan conta de algo ou alguén extraordinario que intervén na breve historia que refiren. Ás veces, o prodixio, a marabilla, é obra dun ser sobrenatural; outras, en cambio, é produto da habilidade e da capacidade dun personaxe listo que supera a situación con intelixencia. Sempre, en todo caso, como sinalan os autores, será o lector o que faga posible o prodicio do que se fala.
No primeiro volume, Contos prodixiosos I, ilustrado por Patricia Castelao, Xosé Miranda escribiu “Papas” e Antonio Reigosa “O sabor dos sabres”, “os tres irmáns sabios”, “A moza vestida de home e a cerva”, “Martuxiña”, “A fera domada”, “Tres bos consellos”, “O tesouro do home na forca”, “O demo na botella” e “A moza mataladróns”.
[presentación editorial]