Puntuación: 1.9/5 (77 votos)
Este libro reúne as achegas dun grupo de especialistas relacionados coa economía e co mar e procedentes das tres universidades galegas, de institutos e centros de investigación e divulgacón mariños.
Galicia ten unha ampla e profunda tradición mariña e marítima. En Galicia, cultura, economía e sociedade están fortemente vencelladas ao mar. Somos cada vez máis coñecedores das potencialidades que xorden no medio como consecuencia da crecente actividade humana.
O obxectivo deste volume é reflexionar sobre as estratexias de futuro para Galicia no ámbito mariño. A análise desenvólvese dende diferentes ángulos temáticos e perspectivas, coa idea de contribuír a un maior coñecemento do mar e da realidade a el asociada.
Autores participantes: Manuel M. Varela Lafuente (coord.)
Colab: X. Carmona, P. Carrera, A. Castro, X.R. Doldán, D. Garza, A. González-Garcés, S. Lago, X. Pardellas, A. Prada, X. Santos, J. Surís, J.F. Teixeira, A. Vaquero e M.X. Vázquez
[Presentación editorial]