Edicións Espiral Maior presenta a colección de libros LÚA LUEIRA, especializada en poesía
para nenos. Con esta nova liña editorial Edicións Espiral Maior quere contribuír á oferta
–dende a poesía mesma, acompañada sempre de coidadas ilustracións– de libros de poesía nos
que se une o elemento literario e lúdico da expresión poética cunha vontade encamiñada á adquisición e aprendizaxe da linguaxe. Os dous primeiros títulos colección, ilustrados ambos pola
pintora madrileña afincada en Galicia, Isabel Pintado, son Parece unha rosa, de Rosalía de
Castro, e Cantiga do mazarico, de Emilio Pita. [Presentación editorial]