As extensas lagoas que circundan a biografía de Manuel Antonio, as innumerábeis interrogantes que plantexan as súas actitudes, tan paradoxais no terreo social e no familiar, que se traducen na obra ao evadirse os límites entre a realidade e o imaxinario, acaban tendo nesta obra de Fidel Vidal un intento de abordalas con coherencia e rigor. (X. L. Axeitos)
A lectura de "O sol da tristeza. A figura do pai na obra de manuel Antonio" provoca inquedanza, non nos deixa indiferentes. Fidel Vidal, cua súa análise da biografía e da obra de Manuel Antonio, entréganos unha reflexión existencial sobre o ser, a vida e a morte.(Manuel Fernández Blanco) [Contracapa do libro]