GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) quere facer coñecedora á sociedade galega da mensaxe que percorre todo o mundo neste día, a iniciativa do IBBY (International Board on Books for Young People), organización internacional na que están integrados 58 países, quen anualmente encarga a un escritor e a un ilustrador a redacción e confección dunha mensaxe e un cartel que van dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo. Nesta edición de 2004 é a sección grega do IBBY a encargada da realización do cartel e da mensaxe, que corresponden a Nicholas Andrikopoulos e Angeliki Varella, respectivamente.