Puntuación: 1.9/5 (42 votos)
"Escribín este libro como un canto á natureza, como huna homenaxe á Alma Animal, pois de existir, non é exclusiva dos humanos nin creo que sexa como adoita describirse, a imaxe e semellanza de espúreos intereses. A dúbida, o temor e o cariño da ollada animal non é menor proba da súa existencia cá outras teorías máis reviradas que se teñen esgrimido, representándoa, por exemplo, como unha pequena e desconcertante chama riba da testa dun suxeito, que alleo ó fenómeno, parecera non decatarse do alto risco de chamuscárselle o cabelo. Rexeito o antropocentrismo que leva séculos mirándose no espello, exculpándose sistemáticamente por graves que foran os feitos, obviando que somos unha mínima parte dun todo ó que chegamos por casualidade e por pouco tempo.
Ego te absolvo e todos contentos.
Nesta búsqueda da deshumanización para chegar ó manantío da memoria, á reconciliación, desfacernos do lastre da hipocrisía e asumir o que somos con toda a carga de dor e grandeza, tentei desandar o camiño e voltar a ser, sequera na ensoñación do poema, Animal Alma."
[Fragmento do Limiar]