Non saímos intactos da lectura destes poemas. No noso interior fican os ritmos dos versos, a musicalidade das verbas, o doce e inundante entorno dos espazos sublimes. Non parei de imaxinar unha autora madura e experimentada. Cando me enterei de que Iria é moza e cecais primeirirza pensei que a súa poesía xurde do fondo da terra, dunha forza creativa que remeda os contornos dos montes, das rochas, da catadura das plantas e dos animais, restituíndo á lingua galega o senso primitivo, a súa fisionomía dos albores. [Limiar de Ramón Chao ]