Foi Poemas 1981-1991, na década dos 90 do século pasado, o libro máis agardado da poesía galega. E axiña se converteu nunha das propostas máis sólidas e respectadas polos lectores e quizais a escrita máis influínte na moderna literatura galega.
É Poemas 1981-1991 poesía do amor e da morte, da experiencia núa, da contundencia, da fatalidade, do sufrimento; son poemas cheos de vitalidade. É poesía que inquieta, que invade e que nos conmociona.
Será Poemas 1981-1991 a poesía clásica dos tempos modernos, poemas sempre actuais, eternos. Presentación editorial]