Premio Novela Europea Casino de Santiago 2009
Aparentemente, a historia dun home cun traballo bo, unha muller que o quere e unha filla de dez anos debería ser a historia dun home feliz. Mais non o é. Porque un día a Pietro Paladini, o protagonista, acontécelle o imprevisible e todo cambia.
Pouco e pouco, cunha calma abraiante, descobre o lado oculto dos outros -do seu xefe, dos compañeiros de traballo, dos familiares e coñecidos- que lle transfiren cadanseu sufrimento. Presentación editorial]