Cunha prosa límpida e directa, Baricco escribe unha novela sobre a perda da inocencia e a descuberta arrepiante do verdadeiro.
Un grupo de rapaces de dezaseis e dezasete anos -Bobby, o Santo, Luca e o narrador- quedan engaiolados por Andre, unha moza cuxa personalidade e capacidade de atracción sexual vai condicionar o resto das súas vidas.
Malia as obsesións fomentadas pola súa educación católica, os protagonistas de Emaús van explorar ese territorio de ninguén que está situado alén do ben e do mal. [Presentación editorial]