Puntuación: 1.8/5 (72 votos)
Adaptación de Xavier Senín a partir da curtametraxe dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde
Descubre por que O soldadiño de chumbo é un dos contos máis queridos de todos os tempos. Unha historia que vai máis aló do amor e que agora viaxa dende o cine á literatura para sorprendernos unha vez máis.
Con este libro Galaxia inicia unha nova colección, Árborecinema, nun ambicioso proxecto que agora nace en colaboración con Continental Producciones e Algarabía Animación, quen se encargaron da realización dunha curtametraxe de animación que xa colleitou unha morea importante de premios en todo o mundo, ambientada no Museo do Xoguete de Allariz e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde seguindo a técnica do stop-motion con deseños de Alfonso Costa.
Emilio Aragón puxo a música a este fermoso proxecto no que tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña. Posteriormente, Editorial Galaxia asumiu o reto de convertelo nun libro multisoporte que conxugase o pracer estético do álbum ilustrado de gran formato co DVD de animación.
Inclúe DVD coa curtametraxe.
[Presentación editorial]