O traballo que acadou a categoría de finalista no Premio de Investigación Medieval de Galicia 2004 comenza dando conta da chegada de Teodosio "O Grande" ao trono imperial e remata coas razzias dos suevos en territorio galaico e lusitano. No medio as sublevacións de Máximo e Constantino contra as cortes de Rávena, Milán ou Roma, o asentamento dos godos na Aquitania, a derrota dos hunos e o reparto de Hispania entre os suevos, vándalos e alanos. Tras disto, un home, Hidacio "O lémico", bispo de Chaves, testemuña de feitos que significan o final dun mundo e o comenzo doutro, e resistente aos ataques dos bárbaros que levan á desaparición do Imperio, dentro da súa comunidade aquiflaviense. [presentación editorial]