Puntuación: 2.0/5 (55 votos)
O escuro mundo do século XVII son o escenario das aventuras de Solomon Kane, un heroe puritano cunha moral propia ―que non deixaba de ser común na súa sociedade― segundo a cal o maligno e o demoníaco tiña que ser extirpado da face da Terra, sexa como for. As supersticións, o medo, o inexplicábel e incontrolábel rodean a vida de Solomon Kane, quen ten que facer fronte non só a ladróns, asasinos e persoas sen escrúpulos, senón tamén a entes indescritíbeis, pantasmas e monstros de diversa índole.
Nos anos trinta do século pasado publicáronse múltiples relatos deste personaxe na revista
Weird Tales, que rapidamente acadaron unha morea de fieis seguidores, comezando polo primeiro conto do noso protagonista: «Sombras vermellas», incluído neste libro. Na presente escolma inclúese tamén «O son dos ósos» e «Cranios nas estrelas», dous clásicos dentro das aventuras de Solomon Kane.
[Presentación editorial]