A desaparición dun construtor é o desencadenante dunha trama guiada polos pensamentos de Santos R, detective non moi profesional. Unha cidade escura, chea de obras, paraugas e coches compón o fondo. Pouco a pouco os habitantes dos distintos mundos do desparecido irán guiando o protagonista a través dunha historia chea de cartos en b, restaurantes italianos e policías doutra época. Puro xénero negro nunha ambientación que lle resultará familiar ao lector galego. [Contracapa do libro]