É vaca ou é boi? É carne de vaca mellor ca a de boi? Por que o noso subconsciente non reacciona co mesmo entusiasmo se nos ofrecen o un ou o outro? Existen razas en perigo de extinción? Que hai detrás dunha exquisita costeleta? A vaca é sustento da creatividade e do estómago. Así nolo demostra este libro, que nos convida a gozar da vaca con profusión e variedade. Suxírenos 68 formas distintas de facelo. E para os que, despois de ler estas receitas e trasladalas ao padal, non quedasen saciados, hai unha sorpresa final, na que a vaca lle cede protagonismo ao touro e o touro renuncia, submiso, a toda a súa bravura. Un manual para todas aquelas persoas ás que lles gusta coñecer a base, a orixe da súa alimentación e chamar con nome propio e inequívoco a todo o que comen. Porque xa é moita hora de que á vaca se lle recoñeza o dereito a ser consumida co mesmo nome que levou durante toda a súa entregada vida. Vivan as vacas! [Presentación editorial]