Conversa ultramarina é unha longa carta, dividida en dúas partes, dirixida a Piedad R. Cabo, concibida como un dietario, e froito de certa efervescencia creativa entre os meses de marzo e xuño de 1995, cando Lois Pereiro era consciente de que a vida lle dera unha segunda oportunidade, pero tamén sabía que vivía na inestabilidade dese renacer.
Na Conversa ultramarina pódense rastrexar todos os seus referentes artísticos e vivenciais, converténdose deste modo nun inmenso limiar ao Poesía última de amor e enfermidade. Nas súas páxinas revélase unha persoa que se quere reconciliar coa vida, unha persoa que arela esa 'furia amorosa' que coñecía ben, e que cando non podía estar con quen amaba, intentaba amar a quen estaba con el. Un Lois Pereiro amante da vida e das persoas. [Contracapa do libro]