Este libro recolle case que corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactación Materna que organizaron Fedegalma e Galaxia.
Pel con pel para viaxar polo leite máis doce, cando a primeira luz nos saúda para encetar o camiño máis difícil, o da vida. Un mollo de escritores e escritoras unidos pola palabra e pola fotografía. Nais e fillos e fillas, e pais, e o universo todo concentrado nunha boca que chucha.
Textos de Alfredo Ferreiro; Begoña Caamaño; Dores Tembrás; Eduardo Estévez; Francisco Castro; Ledicia Costas; Marta Dacosta; Román Raña; X.M. Alvarez Cáccamo e Yolanda Castaño.