Como facer fronte aos avances políticos e electorais da dereita norteamericana? Por que se produciron? Segundo o célebre lingüista George Lakoff, pola capacidade dos estrategos republicanos para activar estruturas mentais inconscientes, que impiden aos cidadáns atender á racionalidade dos seus intereses ou aos datos da realidade. Non penses nun elefante!, best-seller nos EE. UU., supón unha revisión da linguaxe política dos conservadores norteamericanos e unha análise de como a través desta lograron poñer contra as cordas as mensaxes e maneiras progresistas ou demócratas.
George Lakoff (Nova Jersey, 1941), fundador da lingüística cognitiva e un dos investigadores da teoría neuronal da linguaxe, é na actualidade profesor da Universidade de California. Nos últimos anos aplicou as súas investigacións lingüísticas á ciencia política e fundou o Rockridge Institute, fundación que preparaba aos candidatos e axentes das campañas políticas do Partido Demócrata. [Contracapa do libro]