Colectánea poética de Alba Méndez e Alberte Momán, que unifica a visión de ambos sobre a obra e a figura de Rosalía de Castro, icona da literatura e a identidade galegas. Lonxe de todo academicismo e
de pretensiosas actualizacións que estarían fóra de lugar, trátase dunha apropiación da obra da autora galega, para achegala á de dúas persoas diversas nun exercicio de posta en común, non exento de conflitos. [Contracapa do libro]