Angelina Beloff, exiliada rusa, pintora incipiente, escribe desde o gris, o frío e a pobreza do París de posguerra, a Diego Rivera, a súa parella durante dez anos, a quen non puido seguir no seu regreso a México.
Escribe cartas amargas que o pintor non responde.
Unha muller fina e suave é atraída cara a unha experiencia de liberdade, soedade e creación na que as forzas faltan e hai que inventalo todo. É a posguerra, a emancipación das mulleres, as formas rotas: non hai modelos.
Elena Poniatowska recrea, nestas cartas imaxinarias, o testemuño entrañable dunha artista e amante na encrucillada do tempo novo. O ton suave recorta e sustenta aquí a paixón amorosa e a paixón creadora, cun acento novo na xornalista e novelista que coñecíamos: a precisión e a finura convocan neste libro a forza concentrada da pintura de caballete.
[Presentación editorial]