Gabriel Syme, membro do destacamento contra-anarquista de Scotland Yard, introdúcese na cúpula do movemento anarquista londiniense de primeiros de século, grazas o seu enxeño e habilidade verbal, coa intención de impedir a materialización dos seus propósitos.
A partir deste momento verase envolto nunha aventura chea de persecucións e descubrimentos inesperados, de insólitas alianzas e intrigas que han desembocar nun final sorpresivo e, en certo modo, inevitable. O ritmo trepidante que caracteriza á trama e o uso de técnicas narrativas tan singulares como a propia historia, próximas o Flann O’Brien máis lúcido (O terceiro policía) ou a referentes da ficción social actual como as series Lost ou Heroes, son claves dunha novela que ocupa por méritos propios un lugar destacado na literatura universal. [Contracapa do libro]