Este volume ofrece unha pluralidade de perspectivas sobre a personalidade de Fermín Penzol e sobre a significación do seu legado.
Tal como el mesmo con certeza desexaba, a memoria de Fermín Penzol (1901-1981) está indisolublemente vencellada á Biblioteca e á Fundación que levan o seu nome, e que en 1963 deixou como perenne legado á cidade de Vigo e ao pobo galego.
Unha personalidade definida polos trazos felizmente conxugados do galeguismo a toda proba, bibliofilia tan experta canto apaixonada, e unha abraiante xenerosidade, á altura do seu amor polo país galego, o seu idioma e a súa cultura. Un legado bibliográfico e documental que constituíu un firme alicerce para o desenvolvemento duns saberes galegos emancipados, especialmente no campo das humanidades. Presentación editorial]