"O tigre que veu tomar o té" é un dos libros máis populares, valorados e vendidos das últimas décadas en numerosos países. O álbum, que data de 1968, converteuse nun clásico contemporáneo co que creceron varias xeracións de lectores. Trátase dun relato ideal tanto para ler en voz alta, como para ser lido de forma autónoma.
Judith Kerr fixo este libro despois de levar ao zoo á súa filia pequena e de contarlle moitas veces a historia dente felino famento. Parte dunha sorpresa inicial, ao comprobar que é un tigre, e non unha persoa, quen se presenta na casa e chama á porta. Sofía e a súa nai fan de anfitrionas con moita amabilidade y hospitalidade mentres o seu inusual invitado devora non só o té, senón a despensa enteira e mesmo a auga dos canos.
O texto destaca pola súa estrutura dialogada, o esquema repetitivo e a enumeración de alimentos dos que vai dando boa tonta este tigre voraz. Complétase cunhas ilustracións de estilo clásico e figurativo, onde destacan as esceas familiares e caseiras. [Presentación editorial]