Puntuación: 2.0/5 (78 votos)
Esta coletánea de versos responde a un tempo turbulento.
Unha tornenta que avaneou tanto o mundo dos sentidos, como o mundo real e físico que se deteriorou por efecto dun dos maiores desastres ambientais, como non se coñecia na Europa, e podemo-nos atrever, no mundo: O afundimento do Prestige.
Este desastre foi acontecer precisamente nun país que non é excesivo en ningunha das suas manifestacións. Este país equilibrado, complexo, pequeniño e abarcábel, para todos os seus habitantes, foi o cenario dunha das situacións esperpénticas mais exaxeradas de que ternos noticia.
Para os galegos o noso meio, a terra, non é apenas silicio e metais, como pode ser noutros lugares. Para nós a Terra é algo vivo, que estabelece connosco un diálogo pennanente, que dura milleiros de anos.
Pero, sobretodo, naqueles lugares onde a terra encontra o mar, acordan as forzas telúricas que nos arrolaron na nosa nenez, e que nos guian e agariman toda a nosa vida. " A mar" , como unha nai, dá-nos e tamén nos quita, pero a ela están ligadas as nosas vivencias mais entrañábeis.
Na Galiza, onde quera que estexamos, a Terra canta, queixa-se, protesta e demanda.
O desastre do Prestige foi sentido como unha ultraxe à Mai.
[fragmento do libro]