“Como cando tes fillos espallados por diferentes localidades e un día queres reunilos”, foi a idea que levou a Isidro Novo a reunir nun volume os cinco relatos, de temática diversa, que compoñen este libro. No primeiro deles, Cabalos do demo, subxace a lembranza real das estadías infantís e adolescentes do autor na bisbarra viveirense á que pertence a súa familia. O relato foi ganador do IV Certame Manuel Murguía de Narracións Breves alá polo ano 1995.
Os outro catro relatos compoñentes do libro foron escritos para diferentes conmemoracións, sendo o derradeiro publicado no seu día nun xornal galego.
O libro está ilustrado na cuberta pola pintora galega Ánxela Pérez Meilán.
[Presentación editorial]