A arte do fracaso pode pasar por unha colección de relatos curtos, mais tamén é un tratados sobre o fracaso e o éxito no que unha serie de personaxes, na súa grande maioría escritores e outros enfermos crónicos, entran e saen dos textos co obxectivo incumprido de aprender a vivir. En palabras de Rubén Ruibal, "fala das situacións nas que o ser humano, que debería estar dando o peor de si, adiviña luces que nin imaxinaba". [Presentación editorial]