Nun vidro misterioso é unha colección de casos do médico alemán Martin Hesselius, especialista en medicina metafísica. As cinco novelas curtas que compoñen esta recompilación falan de casos ouvidos ou vividos por este curioso estudoso das ramas máis estrañas da ciencia. Os aparecidos, os vampiros, os diaños ou o enterramento en vida son algúns dos temas que se tocan, sempre cunha narrativa áxil e ban construída na que o sobrenatural non aparece nunca no primeiro plano da narración, senón que contribúe a crear unha atmósfera especial.
Neste primeiro volume preséntanse dous dos casoso de Hesselius:Té verde, que trata sobre as estrañas visións e experiencia di crego inglés coñecido do médico, e máis a novela máis longa O Cuarto do dragón voador, unha grande obra de intriga e misterio ambientada no París da época da restauración. [Contracapa do libro]