Puntuación: 2.1/5 (80 votos)
“O dereito á preguiza” foi redactado en Londres en 1880 para a súa publicación no diario L´Egalité, con reedición posterior, en 1883, en pequeno formato.
Na obra, Paul Lafargue realiza unha crítica do sistema económico imposto polo capitalismo, cuxo desenvolvemento -asegura o autor-, ven a desembocar inevitablemente nunha crise de superprodución e forte aumento do paro entre a clase traballadora.
Propón Lafargue, entón, a reducción da xornada laboral e o uso xeneralizado da máquina como redentora da Humanidade, o deus que liberará o ser humano das sordidas artes e do traballo asalariado, o deus que lle proporcionará ocio e liberdade.
Se a clase obreira –conclúe- se rebelase con todas as súas forzas, non para reclamar os Dereitos do Ser (que non son máis que os dereitos da explotación capitalista), non para reclamar o Dereito ao Traballo (que non é máis que o dereito á miseria), senón para forxar unha lei de bronce que prohibise a calquera persoa traballar máis de tres horas por xornada, daquela, a Terra, a vella Terra, estremecida de alegría, sentiría reloucar nela un novo universo...
[Presentación editorial]