"Temos a certeza de que escoitar e ler os nosos poetas permitirálles comprender mellor a singularidade coa que naceron como pobo, e guiaráos por ese camiño da emoción que tanto axuda o home a se realizar.
É un privilexio comezar esta colección de antoloxías con Chus Pato e Xosé María Cáccamo, dous poetas con obras realmente importantes. Foi un pracer para todo o equipo poder traballar con eles, e sobre todo escoitar coa súa voz e as súas pausas a lectura dos seus poemas. Unha sorte que agardo que vós poidades compartir con este libro."
[Fragmento do limiar de Francisco Villegas]