Tras o pasamento de Fernando VIl en 1833, a crítica situación política levou aos reformistas do absolutismo a buscar un pacto co liberalismo moderado para consolidar a monarquía de Isabel II, posta en cuestión pola disidencia carlista. Dese consenso naceu o réxime do Estatuto Real (1834-1836), primeiro paso para o definitivo asentamento do liberalismo en España. O presente libro supón un achegamento a este sistema político através do caso da provincia de Lugo.
Non obstante, a mudanza de réxime non supuxo unha renovación das elites políticas, que representaron á provincia nas Cortes, na Deputación provincial de Lugo e nos Concellos que agora se crean. En efecto, mediante a análise dos djferentes procesos electorais da época podemos comprobar como a fidalguía continuou a dominar case en exclusiva a representación política na provincia de Lugo, integrándose plenamente nas novas institucións e colaborando co Estado central na súa consolidación. [contracapa do libro]