Puntuación: 1.7/5 (79 votos)
Difusora de Letras, Artes e Ideas, na procura de ofrecer unha nova forma de achegamento ao feito editorial, inicia as súas publicacións con este libro de poesía, unha obra colectánea conformada por textos de autores e autoras da máis diversa procedencia e currículo, todos eles membros do grupo Redes Escarlata.
Vintecatro autores do grupo Redes Escarlata: Anxo Angueira, Asun Arias, Pilar Beiro, Darío Xohán Cabana, Carme Carballo, Iago Castro, Xavier Castro, Xavier Cordal, Antón Dobao, Francisco Domínguez Romero, Luz Fandiño, Raúl Gómez Pato, Antón Lopo, Ramón Lorenzo, Oriana Méndez, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alberte Momán, Chus Pato, Claudio Pato, Óscar Antón Pérez García, Manuel Seixas, Xoaquín Silva, Manuel Villaverde e Isaac Xubín. Prólogo de Antón Figueroa.
[presentación editorial]