Completa biografía do personaxe ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas do ano 2003, Antón Avilés Vinagre (de Taramancos): poeta, autor de relatos, traductor, colaborador xornalístico, animador cultural, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega... Os diferentes capítulos achégannos á súa vida e obra, preséntannos cadros sinópticos nos que se relaciona o autor coa Galicia e o mundo da súa época, ofrécennos exercicios para traballar cos alumnos na aula e móstrannos unha selección dos seus textos máis destacados. Inclúe un capítulo de ilustracións diversas. Leva prólogo do académico Salvador García-Bodaño. [presentación editorial]