Barucho ten un ano máxico. Coñece o amor.
"Sabedes o que é o amor?
Eu seino ben. Non volo podo explicar, o amor séntese pero non hai unha maneira de definilo, aínda que sentír séntese con moita intensidade, podo aseguralo, sei o que digo.
Chámome Barucho, Álvaro en realidade, pero o meu avó dicíame Barucho e todos me chaman así. Teño oito anos e o primeiro día da escola, cando empezaba o terceiro curso de primaria, foi máxico".
Así comeza esta nova historia nacida da fecunda imaxinación de X.H. Rivadulla Corcón. Un libro cheo de personaxes máxicos que van engaiolarte dende a primeira palabra ata a derradeira.