Loreto ten unha chea de petos. Que gardará no
seu interior? Un relato rimado, rebordante de
colorido, sobre un divertido personaxe que
atesoura os obxectos máis inimaxinables.
Sempre rodeada de nenos e nenas, de distintas
idades e razas, a señora Loreto é a gran amiga que
todos agardan ter porque ten recursos para todo:
ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera
cousa pode resultar útil nas súas mans, por iso,
como por arte de maxia, de todos os recunchos do
seu abrigo saen xeados, bucinas ou sombreiros.
Un libro para estimular a imaxinación, coa
espontaneidade que caracteriza o estilo do sempre
xenial Quentin Blake.