Puntuación: 1.7/5 (36 votos)
A vida de pequeno oso e pequeno tigre experimenta
unha viraxe cando, aboiando no río, aparece unha
caixa que vén de Panamá e que arrecende a plátano.
Dende entón, Panamá convértese no país dos seus
soños e por iso deciden iniciar unha longa viaxe para chegar alí. Cunha tarteira vermella, unha cana de pescar e un pato-tigre de xoguete, emprenden un
camiño no que coñecerán un rato de campo, un vello
raposo, unha vaca, un corvo, unha lebre e un ourizo.
Tras un primeiro periodo no que a obra de Janosch
ten un trasfondo político asociado ao contexto
histórico da época, “Que bonito é Panamá!” marca o
comezo dunha segunda etapa na que, historias como
esta, protagonizada por animais humanizados,
enxalzan o valor da amizade. Panamá é o particular
locus amoenus de tigre e oso, e a súa viaxe idílica na procura dese lugar está relacionada coa madurez, a aventura cotiá e o descubrimento de novas emocións.
Cunhas ilustracións alegres e coloristas, clásicas e
planas, de estilo infantil, este entrañable relato de Janosch destila humor e deixa un pouso sentimental de optimismo e inocencia, cun inesperado final que colma as expectativas dos personajes.
[Presentación editorial]